Novas
- A LibreCon 2015 converte a Galicia novamente en referente das tecnoloxías abertas e negocio [Ler máis…]
- Unha aplicación web para a análise do comportamento humano en videos é a gañadora do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre [Ler máis…]
- Comparativa dos tipos de licenzas dos datos publicados nas IDE en España [Ler máis… (En Castelán)]
- O Reino Unido segue a impulsar a adopción de LibreOffice nos organismos oficiais [Ler máis… (En Castelán)]
- LibreOffice e o estándar aberto ODF seguen a estenderse por Italia [Ler máis… (En Castelán)]
- Posta en marcha de LUCIA, a ferramenta libre do CCN-CERT para a xestión de incidencias de seguridade, baseada en Request Tracker [Ler máis… (En Castelán)]
- O Cenatic vén de engadir ao seu catálogo de solucións de software libre, Sentilo, unha plataforma para Smart Cities [Ler máis… (En Inglés)]
- España revisará a súa política de goberno das TIC, potenciando solucións como SARA e Cl@ve [Ler máis… (En Inglés)]
- Hospitais do Reino Unido empregan Software Libre para a xestión dos expedientes dos pacientes [Ler máis… (En Inglés)]
Formación/Eventos
- Obradoiro: No CNTG vaise impartir un curso de Desenvolvedor/a Big Data Cloudera para Apache Hadoop (Comezo: 16/11/15)
- Xornadas: OSHWDEM 2015 – A asociación GHANDALF, xunto con BricoLabs e o apoio da AMTEGA, celebra un ano máis esta xornada sobre Hardware Libre, o sábado 7 de Novembro na Domus de A Coruña
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
Proxecto de Big Data do Goberno Vasco |
Hadoop: Procesado de grandes volumes de información con Software Libre |
|
|
O Goberno Vasco confía no Software Libre para a súa plataforma de almacenamento distribuído. Esta plataforma xestiona o intercambio de ficheiros dentro da administración e soporta máis dun millón de solicitudes ao día. A aplicación de Big Data combina Apache HBase, unha base de datos distribuída NoSQL, e Hadoop como solución de almacenamento, máis ElasticSearch, do que xa falamos en anteriores boletíns para realizar as busquedas. "Hace unos años, el intercambio de ficheros de gran tamaño entre las administraciones públicas causaba grandes dolores de cabeza. Los Administradores de IT decían que los sistemas o servidores no lo permitirían, o que tal intercambio era simplemente imposible. Así que construimos nuestra propia solución, en sólo seis meses y utilizando código abierto” indica Oscar Guadilla, Ingeniero de software de EJIE (Sociedad Informática del Gobierno Vasco). |
Hadoop é un proxecto da Fundación Apache, liberado baixo a licenza libre ASL 2.0, escrito na linguaxe de programación Java. Hadoop é un framework que permite traballar con grandes volumes de información, dividindo as tarefas de forma que poidan ser distribuídas nun conxunto de máquinas tan grande como se queira. Empregado actualmente por moitas grandes empresas, como Tuenti, Twitter, Facebook, etc… ten a Yahoo! como principal contribuidor e implantador. Por exemplo o Yahoo! Search Webmap é unha aplicación Hadoop que se executa en máis de 10.000 núcleos GNU/Linux. |
Publicacións
- Monográfico sobre geoeuskadi, plataforma de SIX corporativo do Goberno Vasco [PDF]
- Vídeo da charla de Antonio Acuña (Head of data.gov.uk) na Conferencia Internacional de Reutilización de Información do Sector Público [Vídeo]
- Informe da DHS sobre o Software Libre no goberno de Estados Unidos [PDF (En Inglés)]
Segue a
![]() |
Software Libre Euskadi (@saleuskadin) |

