Novas
Na iniciativa SmartPeme da Deputación de Pontevedra vai ter lugar un obradoiro sobre FreeCAD dividido en dúas xornadas, a primeira será o 16 de outubro e a segunda o 18 de outubro, ambas en Barro-Meis.
O CNTG impartirá un curso práctico sobre Arduino, a plataforma de prototipado electrónico libre con implantación crecente na docencia e industria 4.0.
A asociación Galpou anunciou a liberación da distribución para equipos obsoletos MiniNo Queiles 3.1 LTS.
Comezando o “curso escolar” dos eventos das asociacións con obradoiros previos á OSHWDem organizados por Bricolabs, así como tamén comezou unha nova etapa do Coruña Hacks.
Este outono comeza con unha nova edición da publicación dixital Xeración Ñu.
Proxecto destacado

Jitsi é unha solución multiplataforma de videoconferencia, telefonía VoIP e mensaxería instantánea, está licenciada baixo a Apache 2.0. A solución completa está composta por dúas ferramentas, o Jitsi Videobridge e o Jitsi Meet.
O Jitsi Videobridge é un servidor XMPP deseñado para soportar milleiros de comunicacións por vídeo compatibles con WebRTC. O Jitsi Meet é a aplicación de cliente, trátase dunha aplicación web que ademais conta con aplicación para IOS e Android. A maiores de poder realizar videoconferencias tamén conta con soporte de chat e telefonía alén de funcionalidades como compartir o escritorio e a posibilidade de editar documentos de forma conxunta usando Etherpad.
