Mancomún

Número 17 – Decembro 2015

Martes, 1 Decembro 2015

Novas

  • Odoo e CiviCRM incorpóranse á oferta de aplicacións do CDTIC Virtual [Ler máis…]
  • Entra en funcionamento ARCHIVE, a aplicación de arquivo de documentación electrónica [Ler máis… (En Castelán)]
  • O Ministerio de Educación publica no CTT unha ferramenta para o rexistro de asociacións [Ler máis… (En Castelán)]
  • LibreOffice chega aos 1000 contribuidores en 5 anos de vida [Ler máis… (En Castelán)]
  • Nace o Portal Europeo de Datos [Ler máis… (En Castelán)]
  • Dispoñible xa a versión 3.0 de Moodle [Ler máis… (En Castelán)]
  • GECOS: A infraestrutura corporativa baseada en software libre da Junta de Andalucía [Ler máis… (En Castelán)]
  • A provincia italiana autónoma de Bolzano pon en produción unha solución de formularios, para a súa eAdministración, de software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • Bulgaria crea un repositorio oficial de software libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • O Reino Unido publica unha versión editable da súa guía sobre a implantación do estándar ODF [Ler máis… (En Inglés)]
  • A solución de software libre EcoGIS permite ás cidades a redución das emisións de CO₂ [Ler máis… (En Inglés)]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Desenvolvemento de ferramenta de groupware por parte do goberno alemán

Kolab: Xestión das comunicacións e procesos dunha organización con Software Libre

O Goberno Federal Alemán a través da súa axencia federal da seguridade nas tecnoloxías da información desenvolveu o proxecto Kroupware, que finalmente cambiou de nome para denominarse Kolab.

A idea deste desenvolvemento era ter unha alternativa libre para substituír un entorno Exchange. O proxecto a nivel servidor é unha suite de ferramentas libres, xunto co desenvolvemento dunha interfaz web que permite integralas e configuralas todas dende un mesmo punto.

Dende a súa liberación como software libre por parte do goberno no ano 2003 o proxecto seguiu medrando grazas á consolidación da súa comunidade de software libre.

Kolab é unha suite de ferramentas colaborativas baseadas en software libre que cubre as funcións de mail, calendario, notas e tarefas compartidas. Pode integrarse con compoñentes de escritorio como KMail, Thunderbird, Lightning ou mesmo Outlook con plugis privativos.

Entre as características principais podemos destacar:

  • Acceso IMAP e POP3 ao correo
  • Listas de contactos individuais e grupos
  • Calendarios compartidos
  • Carpetas compartidas
  • Administración vía Web
  • Datos de configuración gardados en directorio LDAP

Segue a

Kolab Community (@kolaborg)
Perfil oficial da comunidade do proxecto Kolab.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal