Novas
- A AMTEGA incorpora ao repositorio de software libre da Xunta unha ferramenta do proxecto Abalar [Ler máis…]
- O CTT publica unha aplicación de escritorio para a xestión da facturación electrónica, Facturae [Ler máis… (En Castelán)]
- A información xerada polo Instituto Xeográfico Nacional publicarase a partir de agora en formatos abertos [Ler máis… (En Castelán)]
- Un mapa recolle máis de 1600 iniciativas de datos abertos en todo o mundo [Ler máis… (En Castelán)]
- Irlanda do Norte lanza o seu portal de datos abertos [Ler máis… (En Inglés)]
- Francia vén de actualizar o seu catálogo de referencia de Software Libre [Ler máis… (En Inglés)]
- A axencia de intelixencia británica publica o seu primeiro proxecto como Software Libre, un sistema de bases de datos non SQL [Ler máis… (En Inglés)]
- Estonia lanza a sexta versión de X-Road, o seu sistema de intercambio seguro de documentos, con licenza libre [Ler máis… (En Inglés)]
- A cidade de Rotterdam lanza LoRa, a súa rede para o Internet das cousas, baseada en hardware e Software Libre [Ler máis… (En Inglés)]
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
Casos de uso de CartoDB na Administración |
CartoDB: Plataforma de mapas na nube de Software Libre |
|
|
Existen numerosos casos de éxito de CartoDB por parte de administracións públicas de todo tipo, New York, Chicago, o concello de Barcelona, o goberno da cidade de Buenos Aires, a cidade de México… son exemplos de administracións que empregan CartoDB como solución. Ben sexa como solución na nube ou facendo unha instalación na infraestrutura da propia administración, para maior control dos datos, CartoDB ofrece ás administracións todas as súas vantaxes. |
CartoDB é unha plataforma na nube para almacenar datos xeolocalizados e xerar atractivas visualizacións dos mesmos. CartoDB é unha plataforma formada por varios proxectos de software libre, entre os que destacan PostgreSQL e a extensión espacial PostGIS, Node.js ou Mapnik. Pode ser empregado con calquera linguaxe de programación a través das súas APIs. Inclúe diferentes servizos de cartografía base como Google Maps, Nokia Maps, OpenStreetMap ou Mapbox e permite subir información en case calquera formato. |
Segue a
![]() |
Javier de la Torre (@jatorre) |

