Novas
- O I Hackatón solidario “Intro para todos” consegue un prototipo de escritorio adaptado ás necesidades das persoas con discapacidade intelectual [Ler máis…]
- Oviedo e Barcelona reutilizan o software do portal de participación cidadá liberado polo concello de Madrid [Ler máis…]
- Chipre publica o seu xeoportal con datos abertos segundo a directiva europea INSPIRE [Ler máis… (En Castelán)]
- Austria presenta un portal de datos abertos orientado a que organizacións non gobernamentais suban os seus conxuntos de datos [Ler máis… (En Inglés)]
- A cidade de Chicago lanza Open Grid, una solución de Smart City, baixo licenza libre [Ler máis… (En Inglés)]
- OpenMaxims, unha solución de xestión de pacientes de Software Libre é empregada no Reino Unido por cada vez máis hospitais [Ler máis… (En Inglés)]
Formación/Eventos
- Hackaton: Hackathon Sanjurjo Badía, tecnoloxía hardware no mar
- Cursos: Aberta a inscrición nos cursos do CNTG para o segundo trimestre
Proxecto destacado
OpenESB: Caso uso na Xunta de Galicia
|
||
|
OpenESB é un bus de servizos empresariais, de aí as siglas ESB, en inglés Enterprise Service Bus, escrito na linguaxe de programación Java e publicado como Software Libre baixo a licenza CDDL (Common Development and Distribution License). Neste boletín presentamos un artigo sobre a implementación desta solución na Xunta de Galicia, dentro da Xerencia de Traballo e Emprego. Para coñecer máis sobre esta solución e o seu caso de uso na Xunta de Galicia entrevistamos a Alejandro Casas, responsable do proxecto en Xunta, e Paul Perez, cabeza visible da comunidade de Software Libre que sostén o proxecto OpenESB. |
"O soporte da comunidade é bo, non é una comunidade demasiado extensa, xa que é un produto cunha aplicación moi específica pero sempre que requirimos axuda a recibimos." (Alejandro sobre o soporte da comunidade) "OpenESB é coñecido polo seu excelente rendemento e un alto retorno da inversión. Representa máis de 2000 horas de desenvolvemento ao ano e é empregado por grandes compañías como Airbus, General Electric, Xunta de Galicia, NHS (UK National Insurance) e outras. Cada día OpenESB procesa billóns de mensaxes en produción." (Paul Perez, líder da comunidade OpenESB) |
Publicacións
- Boletín de indicadores sobre o estado da Administración Electrónica [Varios formatos (En Castelán)]
- Estudio da madurez dos datos abertos en Europa [PDF (En Inglés)]
Segue a
![]() |
Pablo Soto(@pabloMP2P) |

