Mancomún

Número 20 – Marzo 2016

Luns, 29 Febreiro 2016

Novas

  • Novo artigo tecnolóxico: Alfresco, xestión documental con software libre [Ler máis…]
  • O goberno ruso quere apostar por GNU/Linux [Ler máis… (En Castelán)]
  • Varias administracións europeas están migrando os seus sistemas de base de datos cara a solución de software libre PostgreSQL [Ler máis… (En Inglés)]
  • Máis de 4000 equipos de 50 escolas son migrados a software libre en Estonia [Ler máis… (En Inglés)]
  • Dous proxectos de Ensino Secundario entre os mellores no “Día da Internet Segura” [Ler máis… (En Castelán)]
  • O Ministerio de Facenda e Administracións Públicas publica no CTT unha solución de cita previa para atención cidadá [Ler máis… (En Castelán)]
  • O sistema de Interconexión de Rexistros alcanza o millón e medio de intercambios e supera os 5 millóns de euros en aforros [Ler máis… (En Castelán)]
  • Dispoñible unha nova versión de @firma, que supón unha renovación tecnolóxica da plataforma [Ler máis… (En Castelán)]
  • O goberno de Holanda comeza a probar dous pilotos de identificación electrónica para os servizos da administración [Ler máis… (En Inglés)]
  • Eslovenia publica como Software Libre unha solución de notificación electrónica no ámbito da administración de xustiza [Ler máis… (En Inglés)]

Formación/Eventos

Caso de éxito

 

Proxecto destacado

 

Casos de uso de PostgreSQL na Administración

 

PostgreSQL: Sistema de Xestión de Bases de Datos de Software Libre

Segundo unha recente publicación de EDB considerada a principal empresa de soporte e implantación de PostgreSQL, numerosas administracións públicas de Estados Unidos, Asia ou Europa están a empregar esta solución para a xestión das súas bases de datos. Segundo se publica na nova, en Estados Unidos por exemplo son máis de 150 axencias estatais as que traballan con este software.

Dentro da propia Xunta de Galicia está sendo empregado en varios proxectos que precisan dun sistema de xestión de bases de datos de alto rendemento, como por exemplo no Sistema de Información de Terras de Galicia (Sitegal).

  PostgreSQl é un sistema de xestión de bases de datos, de Software Libre.

O proxecto é xestionado por unha comunidade de Software Libre, denominada PostgreSQL Global Development Group (PGDG). Existen tamén diferentes empresas que ofrecen as súas propias solucións sobre PostgreSQL con soporte profesional como a propia EDB ou CyberTech en Alemaña.

PostgreSQL é un sistema de xestión de bases de datos moi potente, multiplataforma e con características avanzadas como a xestión de concorrencia, transaccións distribuídas… facendo que compita directamente con potentes sistemas privativos como Oracle, por exemplo.

Segue a

Paul Ramsey(@pwramsey)
Un dos principais desenvolvedores de PostgreSQL, con máis de 15 anos de experiencia como consultor, traballando en proxectos para axencias gobernamentais, empresas e ONGs.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal