Novas
- A Amtega aproba o Plan de acción 2016 con 35 programas para consolidar a dixitalización dos servizos públicos [Ler máis… (En Castelán)]
- O Instituto Nacional de Estadística (INEGI) de México, publica o seu xeoportal con datos abertos [Ler máis… (En Castelán)]
- A Comisión Europea financia o desenvolvemento de NextEuropaMap, un módulo para Drupal que permite a creación de mapas [Ler máis… (En Inglés)]
- O Ministerio de Educación publica baixo licenza libre Agrega2, un repositorio distribuído de recursos dixitais educativos [Ler máis… (En Castelán)]
- Bulgaria planea crear un repositorio de software libre onde se publicará todo o software desenvolvido por ou para a administración pública [Ler máis… (En Inglés)]
- A policía de Irlanda planea migrar a software libre todos os seus servizos web, da man da ferramenta SugarCRM [Ler máis… (En Inglés)]
- Unha pequena escola francesa consegue migrar completamente a software libre [Ler máis… (En Inglés)]
Formación/Eventos
- Obradoiro: “Scratch Day” organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática (CPETIG) en colaboración coa Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña
- Obradoiro: CartoDB como plataforma de visualización de datos e inteligencia geoespacial, taller dentro dos GPUL Labs
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
Casos de uso de SugarCRM na Administración |
SugarCRM: CRM de Sofware Libre |
|
|
Aínda que este tipo de solucións nacesen máis orientadas a un entorno empresarial e a xestión de vendas, moitas entidades, incluíndo administracións públicas están a apostar por SugarCRM para os seus servizos web. Ademáis do caso de uso da policía Irlandesa, na páxina web do proxecto podemos atopar numerosos casos de éxito, entre os que podemos destacar algúns relativos a administracións públicas como pode ser o caso do Estado de Oregón, ou a cidade de New York, que emprega SugarCRM para a xestión do seu sistema de beneficios para profesores retirados o cal inclúe mesmo a xestión dun centro de atención telefónica. |
SugarCRM é un xestor das relacións co cliente (CRM nas súas siglas en Inglés) baseado nunha arquitectura LAMP e desenvolvido principalmente por unha empresa, SugarCRM, Inc. É un CRM moi completo para entidades de todo tipo, e de diferentes tamaños, deseñado para facilitar a xestión dos contactos, oportunidades, etc… SugarCRM está dispoñible en diferentes versións, a base é software libre, liberado baixo licenza GPL. Sobre él hai catro versións máis, xa comerciais nas que se ofrecen servizos como soporte profesional ou funcionalidades avanzadas. |
Segue a
![]() |
Isabel Delgado (@IsabelSugarcrm) |

