Mancomún

Número 24 – Xullo 2016

Martes, 5 Xullo 2016

Novas

  • Migración do buscador de directorios asociado do Centro de Transferencia de Tecnoloxía (CTT) [Ler máis…]
  • O goberno de Navarra libera máis de 160.000 ficheiros de datos xeográficos [Ler máis…]
  • O Dicionario de pronuncia da Lingua Galega, liberado o ano pasado, actualízase con novos termos [Ler máis…]
  • Como cociñar un nodo IDE exprés con Geonode [Ler máis… (En Castelán)]
  • Russian Helicopters inicia a transición a Linux [Ler máis… (En Castelán)]
  • Ciudad Real pásase ao Software Libre [Ler máis… (En Castelán)]
  • A universidade de Cambridge contribúe a OpenStack [Ler máis… (En Inglés)]
  • O goberno de Andaĺucía segue a poñer fondos nos seus proxectos claves de Software Libre [Ler máis… (En Inglés)]
  • OpenADS, solución de Software Libre para a xestión de licenzas de obra e ocupación, desenvolvida pola cidade de Marsella [Ler máis… (En Inglés)]

Caso de éxito

Proxecto destacado

Portais gobernamentais con WordPress

WordPress: CMS de Software Libre

Aínda que poida parecer sinxelo, WordPress permite a creación de portais complexos, modernos e visualmente atractivos. Como mostra disto está o portal web da Policía de Milwaukee que é un claro exemplo de portal moi visual, atractivo e moderno, que ademais contén moita información.

Outro exemplo que vai máis na esencia de WordPress, xa que é un portal orientado a novas, é o dos servizos dixitais do goberno do Reino Unido.

Por último outro caso de uso que podemos destacar é un portal orientado á promoción do país do goberno de Finlandia, no que destaca tamén un estilo moi visual e atractivo.

WordPress é un sistema de xestión de contidos, CMS nas súas siglas en Inglés. Aínda que comezou como solución para a creación de blogues pouco a pouco foi empregándose para páxinas comerciais completas e portais web.

Ten unha comunidade de desenvolvedores moi grande, motivado en parte polo seu sistema de plugins, que permite incorporar moitas funcionalidades. No ano 2015 era empregado por case o 24% do totais de sitios de Internet.

Ademais do sistema de plugins, outra das características máis impresionantes de WordPress é o Multisite, que permite a creación de varios sitios web cunha soa instalación do mesmo e administralos todos dende un único punto.

Publicacións

Segue a

Matt Mullenweg (@photomatt)
Creador de WordPress.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal