Mancomún

Número 25 – Agosto 2016

Mércores, 20 Xullo 2016

Novas

  • A cidade francesa de Grenoble segue co seu proxecto de migración a software libre das escolas [Ler máis…]
  • iVIS, plataforma sueca de e-servizos de software libre para escolas, comezará a funcionar o próximo mes de setembro [Ler máis…]
  • A policía lituana aposta por LibreOffice e Ubuntu [Ler máis…]
  • Bulgaria aproba unha lei para que todos os desenvolvementos de software públicos sexan Open Source [Ler máis…]
  • Nova versión do catálogo de metadatos da Infraestrutura de Datos Espaciais de España [Ler máis…]
  • INRIA presentou o seu proxecto para a salvagarda de toda a herdanza do Código Aberto [Ler máis…]

Formación/Eventos

Caso de éxito

Proxecto destacado

Catálogos INSPIRE con GeoNetwork

Geonetwork: Catálogos de metadatos con software libre

Moitos gobernos optan por GeoNetwork como opción para a creación dos seus catálogos de datos xeográficos acordes coa directa INSPIRE. En Europa temos numerosos casos como poden ser os de Alemaña, Holanda ou propiamente o de España por nomear algúns deles.

Pero non so gobernos optan por esta solución, outro tipo de organizacións con grande volume de datos xeográficos empregan GeoNetwork como solución, como pode ser o caso, por exemplo da Axencia Espacial Europea

GeoNetwork é un sistema de catalogación orientado a datos espaciais, de software libre publicado baixo licenza GPL.

A directiva europea INSPIRE obriga aos estados membros a compartir a información xeográfica da que dispoñen, permitindo que se poida enlazar entre si creando un ecosistema de información a nivel europeo. É aquí onde cobran importancia solucións coma GeoNetwork, que permiten crear un catálogo con metadatos sobre toda esta información e relacionar diferentes bases de datos.

Segue a

GeoCat B.V. (@geocat_bv)
Conta oficial da empresa creadora e principal desenvolvedora de GeoNetwork.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal