Novas
- Unha asociación de municipios franceses libera a súa plataforma de goberno electrónico [Ler máis…]
- Unha rexión de París publica como software libre unha ferramenta de transparencia [Ler máis…]
- A AMTEGA libera unha nova versión de XEA, o software de xestión das aulas CeMIT [Ler máis…]
- Austria concederá unha bolsa de ata 200.000 euros para proxectos de código aberto [Ler máis…]
- As axencias gobernamentais de Estados Unidos liberarán polo menos o 20% do software que desenvolven como software libre [Ler máis…]
- Xa está dispoñible a versión 5.2 de LibreOffice con varias novidades [Ler máis…]
- Govstrap.io, unha versión do tema oficial dos sitios web do goberno do Reino Unido para Bootstrap [Ler máis…]
- OSKARI: Ferramenta do goberno de Finlandia para a creación de mapas [Ler máis…]
- Valencia reemprega Epoptes, software desenvolto polo ITC grego [Ler máis…]
- Francia desprega servizos pilotos en nube baseados en código aberto [Ler máis…]
Formación/Eventos
- Cursos: Cursos de seguridade en GNU/Linux impartidos pola Linux Foundation
- Evento: A edición deste ano 2016 da OSHWDem xa ten data para o vindeiro mes de Novembro
- Evento: Maker Faire Galicia 2016
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
MongoDB como base da Smart City de Chicago |
MongoDB: Reinventando a xestión dos datos |
|
|
Uns dos proxectos de Big Data máis de moda na actualidade son os de Smart Cities, nos que é vital almacenar e tratar grandes volumes de información. Neste tipo de proxectos, solucións como MongoDB ofrecen unha axilidade moi grande na xestión de todos eses terabytes de datos. Un destes proxectos é o da cidade de Chicago , onde desenvolveron un sistema chamado WindyGrid que ten como base principal MongoDB. Este sistema permite xestionar a información procedente de ata 15 departamentos diferentes, incluíndo policía, emerxencias… xestionando sete millóns de pezas de datos diferentes cada día, e ofrecendo a posibilidade de analizar toda esa información en tempo real mediante analíticas ou mapas. |
MongoDB é un sistema de xestión de bases de datos non SQL, orientado a documentos e de software libre, publicado baixo a licenza GNU AGPL. En lugar de empregar táboas, MongoDB garda os datos en estruturas de documentos similares a JSON, facendo que a integración deses datos nas aplicacións sexa máis sinxela e rápida. Este novo xeito de xestión tan áxil fai que se empregue en proxectos cun volume de datos moi grandes, no que se veu en denominar proxectos de Big Data. Ademais da versión con licenza libre, existe a posibilidade dunha licenza comercial que aporta novas funcionalidades como ferramentas de xestión, monitorización e backup e tamén soporte comercial. |
Publicacións
Segue a
![]() |
Tom Schenk (@ChicagoCDO) |

