Mancomún

Número 29 – Decembro 2016

Mércores, 14 Decembro 2016

Novas

Caso de éxito

Logos dos concellos de casos de uso de Consul

Emprego de Consul en varios concellos

Varios concellos en toda España xa adoptaron esta plataforma, facendo adaptacións á ferramenta orixinalmente desenvolvida polo concello de Madrid. Entre eles destacan Madrid, que foi o impulsor da ferramenta, Barcelona, Valencia, Oviedo, Mallorca ou A Coruña, pero son moitos os que o están a empregar ou en proceso de lanzamento dun portal de participación cidadá. Un total de 33 concellos, destacando tamén o da Cidade de Bos Aires, e a Universidade Complutense de Madrid.

Proxecto destacado

Logo do aplicativo Consul

Consul: Software Libre para participación

Consul é unha ferramenta de software libre especialmente deseñada para facilitar a participación cidadá en diferentes procesos levados a cabo polas administración públicas.
Permite a participación a través de Debates, elaboración de propostas, presupostos participativos, votacións ou procesos sectoriais.
Está dispoñible baixo a licenza de software libre AGPL e o seu código fonte pódese atopar nesta ligazón.

Segue a…

Antonio Lafuente (@alafuente)

Antonio Lafuente (Granada) é investigador do Instituto de Historia (CSIC) na área de estudos da ciencia. Investiga a relación entre a tecnoloxía e o procumún e a implicación que teñen conceptos como gobernanza, coñecemento aberto, participación. Dende os seus inicios no ano 2007 dirixe o Laboratorio do procumún do MediaLab Prado.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal