Novas
- As cidades da rexión italiana de Umbría, migran a LibreOffice [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Dispoñible unha solución open source para enquisas on-line e xestión de conferencias [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Ministerios franceses proban que o software libre é viable [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Nove municipios máis en Portugal, implementan a ferramenta "Licenciamento Zero" [ Ler máis… (En Inglés) ]
- O goberno austríaco móstrase moi contento coa adopción de Apache OpenOffice" [ Ler máis… (En Castelán) ]
- A primeira Mapping Party en Sevilla, servirá para incorporar datos a OpenStreetMap, que serán usados despois pola Xerencia de Urbanismo do concello da cidade" [ Ler máis… (En Castelán) ]
- A ferramenta de tradución da Unión Europea para administracións públicas, accesible agora a través de Internet [ Ler máis… (En Inglés) ]
Formación
- Xornada: Techday de OpenNebula en Santiago (8 de outubro)
- Obradoiro: Software libre e licenciamento (9 e 10 de outubro)
- Obradoiro: Aportando os nosos propios datos a OpenStreetMap (25 de outubro)
Caso de éxito A axencia nacional de mapas do Reino Unido, adoptou unha solución de software libre para a xestión de toda a información xeográficaA axencia nacional de mapas do Reino Unido, Ordnance Survey, na súa adaptación a directiva europea INSPIRE de publicación de información xeográfica, adoptou unha solución de software libre para a xestión e publicación a través dos estándares de datos abertos e goberno aberto, de toda a información que manexa. A solución escollida foi OpenGeo Suite, unha plataforma completa formada por compoñentes de software libre que permite almacenar, procesar e publicar todo tipo de información xeográfica, seguindo os estándares e adaptada as indicacións de INSPIRE. Máis información sobre este caso de éxito, dispoñible en Inglés na seguinte ligazón. |
Proxecto destacado OpenGeo Suite, plataforma completa para a xestión da información xeográficaOpenGeo Suite é unha plataforma para o manexo e publicación de información xeográfica, creación de mapas e creación de aplicacións en ambiente web, escritorio e dispositivos móbiles. Está composta por varias solucións libres, referente no seu campo, que se empaquetan nun único produto, o cal permite unha xestión e instalación máis cómoda a través dunha interface única. Cumpre con tódolos estándares definidos polo Open Geoespatial Consortium (OGC) e mesmo permite interoperar con outras solucións privativas que xa están presentes nunha organización. Dispón dunha versión comercial sobre a que se ofrecen diferentes opcións de soporte profesional, así como dunha versión Community que se pode instalar e usar libremente co soporte da propia comunidade. Máis información: |
Segue a
![]() |
Athina Trakas (@atrakasa) |

