Novas
- Novo artigo tecnolóxico adicado á solución LibreOffice, un paquete de ofimática de Software Libre [Ler máis…]
- O certificado raíz da FNMT xa está incluído en Firefox [Ler máis…]
- Publicado o código fonte do portal de datos abertos da cidade de Málaga [Ler máis…]
- A Universidade de Oviedo priorizará o uso de Software Libre [Ler máis…]
- FSFE posiciónase a favor do fomento do Software Libre no Horizon 2020 [Ler máis…]
Formación e eventos
- Xornada: Sharing & Reuse Conference 2017 (Lisboa, 29 de Marzo)
- Xornada: I Congreso María Pita DefCon (A Coruña, 6 de Marzo)
Caso de éxito
Caso de éxito de Gogs como forxa do Laboratorio cidadán de A Coruña
Aínda que este tipo de software, como é o caso do propio GitHub, está máis orientado aos desenvolvemento de software, pode ser empregado para máis cousas. Un exemplo disto é o Laboratorio Cidadán da cidade da Coruña (CoLab), impulsado polo seu Concello, e que emprega Gogs como forxa para xestionar toda a documentación do proceso, ou mesmo como foro para comunicación entre todas as persoas implicadas.
Proxecto destacado
Gogs: Alternativa a GitHub de Software Libre
Gogs é un clon da coñecida plataforma GitHub, pero de Software Libre, publicado baixo licenza MIT. A maior característica de Gogs é a súa lixeireza, xa que pode ser despregado mesmo nunha RasberryPi. É un software moi sinxelo de instalar, contando con versións en Docker e Vagrant, é multiplataforma e moi intuitivo xa que a súa interface emula o funcionamento e a estética de GitHub.
Pódese probar en liña a través da seguinte ligazón, e conta ademais coa súa interface en galego grazas á recente contribución de David Lareo.
Segue a…

David Lareo (@dalareo)
Hacker galego moi ligado á cultura libre e a xestión aberta do coñecemento (EduCaaS, FricolaB)


