Novas
- WordPress e WooCommerce dispoñibles no CDTIC Virtual [Ler máis…]
- Máis do 85% das empresas galegas de máis de 10 traballadores empregan software libre [Ler máis…]
- Publicación da RC de MiniNo Queiles [Ler máis…]
- Nova versión de PicarOS 2017 [Ler máis…]
- Publicado o xestor de colas Ateneo no CTT [Ler máis…]
- Aberto o prazo para solicitar unha análise HTTPS das web do sector público [Ler máis…]
Formación e eventos
Caso de éxito
Collabora Office no proceso de migración do goberno do Reino Unido
Dentro do proceso de migración e adopción do estándar ODF para tódolos documentos oficiais, por parte de goberno do Reino Unido, escolleuse Collabora Office como ferramenta corporativa.
A través do Crown Commercial Service asinouse un convenio coa empresa Collabora Productivity, unha das principais impulsoras de LibreOffice, que ofrece servizos de consultoría e soporte a gobernos sobre a súa solución Collabora Office, unha versión específica de LibreOffice destinada a grandes compañías e administracións públicas.
O acordo é extensible non só a todos os estamentos do goberno senón tamén a entidades sen ánimo de lucro que traballan directamente coa administración, e inclúe ademais das solucións de escritorio tamén a versión na nube e para dispositivos móbiles.
Proxecto destacado
Collabora Office: Suite de Ofimática profesional de Software Libre
Collabora Office é unha ferramenta de ofimática baseada en LibreOffice, especialmente pensada para administracións e grandes entidades que queiran levar a cabo un proceso de migración da súa solución de ofimática cara a software libre. Inclúe ademais Collabora Online, que permite a xestión de documentos en liña, de xeito colaborativo.
Esta versión específica de Collabora Online ofrece algunhas cousas a maiores sobre a versión estándar de LibreOffice Online, sobre todo en canto a soporte, formación, actualizacións, etc…na seguinte ligazón explícanse as diferenzas entre as distintas versións.
Collabora Online pode ser contratado como servizo ou ben ser instalado nos propios servidores de cara a ter un maior control sobre a información xerada, especialmente crítico nas administracións públicas. Moitos provedores ofrecen o servizo na nube xunto con Owncloud ou NextCloud, xa que esta ferramenta pódese empregar para crear documentos colaborativos dende estas solucións.
Segue a…

Michael Meeks (@michael_meeks)
General Manager de Collabora Productivity e contribuidor do proxecto GNOME.


