Mancomún

Número 4 – Novembro 2014

Sábado, 1 Novembro 2014

Novas

  • Vreixo González e Iago Veloso gañadores do Premio ao mellor PFC con licenza libre [ Ler máis…]
  • Dispoñible a versión 5 da plataforma de participación cidadá open Irekia do Goberno Vasco [ Ler máis… (En Castelán) ]
  • A Comisión Europea publica varias solucións desenvolvidas no contexto do programa CEF (Connecting Europe Facility) [ Ler máis… (En Castelán) ]
  • Facenda e Administracións Públicas poñen en marcha EGEO, un sistema de georreferenciación para as Administracións Públicas [ Ler máis… (En Castelán) ]
  • A maior parte das universidades de Romanía están a empregar Moodle como ferramenta de teleformación [ Ler máis… (En Inglés) ]
  • O software libre simplifica o sistema de pensións de Croacia [ Ler máis… (En Inglés) ]
  • A cidade alemá de Gummersbach completa a súa migración a software libre [ Ler máis… (En Inglés) ]
  • Údine loita para eliminar as dependencias tecnolóxicas privativas[ Ler máis… (En Inglés) ]

Formación

Caso de éxito

Proxecto destacado

Healthwatch, organización que forma parte do sistema de saúde Británico, cambia o seu CRM a software libre

CiviCRM, o CRM para o terceiro sector

Healthwatch forma parte do sistema de saúde Británico, tendo como obxectivo organizar a participación dos pacientes e público en xeral para mellorar o funcionamento do sistema.

Esta organización comezou a empregar CiviCRM como ferramenta de xestión, abandonando a mistura de ferramentas propietarias que viña empregando dende a súa fundación.

Máis información sobre este caso de éxito, dispoñible en Inglés na seguinte ligazón.

CiciCRM é un software de CRM orientado ao seu uso por parte de organizacións que traballan no eido social. Localizado a máis de 20 idiomas, ofrece un gran número de funcionalidades por defecto, sendo ademais altamente personalizable. Entre os seus módulos principais atopamos:

  • Xestión da base de datos de contactos
  • Rexistro de contribucións
  • Histórico de actividade e comunicacións
  • Envío masivo de correos electrónicos
  • Campañas Peer-to-Peer
  • Xestión de eventos
  • Creación e xestión de campañas

Publicacións

  • Informe IRIA 2014 [ Informe en PDFTáboas en ODS (En Castelán) ]
  • Informe sobre as Tecnoloxías da Información e as Comunicacións nas Administracións Públicas. Inclúe unha análise dos indicadores máis representativos da situación e uso dos sistemas e Tecnoloxías da Información e Comunicacións na Administración Xeral do Estado e as Entidades Locais, así como o avance na e-administración.

Segue a

Luis Falcón (@meanmicio)
Médico e Informático. Presidente de GNU Solidario e creador de GNU Health.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal