Novas
- SourceForge inicia o ano cunha renovación [Ler máis…]
- A distribución derivada de Debian, Astra Linux, será a escollida para substituír Microsoft Windows nos equipos do Ministerio de Defensa de Rusia [Ler máis…]
- Publicada nova versión da solución AutoFirma, a 1.6, con moitas melloras e correccións [Ler máis… (En Castelán)]
- A importancia da lexislación sobre a que se define unha licenza de software libre a través dun exemplo: Que pasará con Brexit e a EUPL?[Ler máis… (En Inglés)]
- A Unión Europea ten en marcha unha enquisa para atopar centros expertos en ciberseguridade co fin de crear un atlas dos mesmos [Ler máis… (En Inglés)]
Caso de éxito

As administracións públicas son entidades que, polas súas características e polo tamaño que teñen en infraestrutura tecnolóxica, son usuarias potenciais de ferramentas de monitorización, debido á necesidade de mantemento e control das mesmas.
Na páxina web de Pandora FMS poden verse casos de éxito de Pandora FMS. Dentro destes casos, destacamos o do departamento de sistemas do goberno do estado de Acre en Brasil, que escolleu Pandora FMS. Este departamento de sistemas escolleu Pandora FMS para monitorizar a infraestructura do proxecto “Floresta dixital” que achega o acceso a internet a milleiros de persoas, os técnicos deste departamento destacaron a facilidade de uso de Pandora FMS, pois foi no primeiro proxecto no que empregaron esta solución e non tiñan experiencia con ela.
Proxecto destacado

Pandora FMS é unha ferramenta de software libre para a monitorización de redes que permite coñecer o estado de servizos, redes informáticas, servidores ou dispositivos de rede. Unha das máximas que ten o proxecto é ser flexible, de feito as siglas FMS significan Sistema de Monitorización Flexible.
Existen dúas versións de Pandora FMS, a versión “Community” que é a que está liberada baixo GPL 2 e a versión “Enterprise” con unha licencia comercial, seguindo así co modelo de “open core”.
Entre as súas funcionalidades destacamos as seguintes:
- Verificación de dispoñibilidade de diversos servizos como pode ser correo electrónico, web…
- Obtención de estatísticas como uso de CPU, memoria, disco, trafico de rede…
- Permite monitorizar servizo usando os protocolos, ICMP, SNMP, SSH, FTP.
- Permite obter parámetros tanto despregando axentes coma sen eles.
Segue a…
![]()
Sancho Lerena (@slerena)
CEO de Artica, a empresa detrás de Pandora FMS.
