Novas
-
A Amtega convoca a XI edición do premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre
[Ler máis…] -
LibreOffice 6 comeza a estar listo para o entorno empresarial e de producción
[Ler máis…] -
Suse anuncia a nova versión do seu sistema operativo empresarial
[Ler máis…] -
OSGeo e GeoForAll convocan o premio universitario GeoForAll Iberoamérica 2018
[Ler máis…] -
Barcelona libera o código fonte de varios proxectos
[Ler máis…] -
O corrector ortográfico Hungspell conta cunha nova versión para o galego
[Ler máis…] -
Arranca a organización da OSHWDem 2018 coa apertura do Call4Makers
[Ler máis…]
Caso de éxito
Existen bastantes casos de éxito de uso de Seafile tanto na empresa privada coma na administración pública, dado que o almacenamento e a compartición de documentos é unha necesidade e preocupación en diversos sectores. O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o das universidades do estado alemán Renania-Palatinado (en alemán Universitäten und Hochschulen von Rheinland-Pfalz) xestionado pola Universidade Gutenberg de Mainz e que ofrece o servizo de almacenamento de ficheiros ao estudantado e ao corpo docente.
Mediante este servizo, bríndase a cada estudante 20 GB e a os traballadores 100 GB mediante infraestrutura propia da universidade a un total de máis de cinco mil usuarios activos das polo menos 12 universidades.
Proxecto destacado
Seafile é unha plataforma de sincronización e compartición de ficheiros na nube que conta con funcionalidades principais como o cifrado de ficheiros, integración con directorios como LDAP ou AD, control de acceso a ficheiros mediante permisos, versionado de ficheiros, edicións online mediante Collabora Online, xestión de usuarios, copia de seguridade e recuperación.
O desenvolvemento de Seafile comezou en 2009 da man de Daniel Pan e outros estudantes da Universidade Tsinghua de Beijing. Dende o 2012 existe a empresa Seafile Ltd. que é a encargada do desenvolvemento e do soporte da plataforma, que conta de dúas versións, a versión da comunidade liberada baixo a AGPLv3 que non ten soporte e a edición profesional que conta con soporte e que ten funcionalidades aínda máis avanzadas. Esta solución é unha posible alternativa á solución NextCloud da que xa falamos nun boletín anterior.
Segue a…

Jorge Lama (@raivenra)
Editor de Xeración Ñu, profesor de informática e activista do software libre
