Novas
- Nace o preguntorio de software libre [ Ler máis…]
- Unha comunidade open source de Suiza consegue financiar mediante crowdfunding o soporte para firma dixital de documentos PDF en LibreOffice [ Ler máis…]
- Resumo da LibreCon 2014 [ Ler máis… (En Castelán) ]
- Visor de documentos IGAE [ Ler máis… (En Castelán) ]
- Implantación dun Sistema de Información Hospitalaria, open source, en Albania [ Ler máis… (En Inglés) ]
- París extende as súas ferramentas open source creadas no ámbito do seu proxecto de smart city [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Celebración de diversos hackathons sobre tecnoloxías open source en varios países europeos [ Ler máis… (En Inglés) ]
- Noruega implementa un novo sistema de autenticación na eAdministración, que non emprega Java [ Ler máis… (En Inglés) ]
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
Proxecto de migración a software libre e goberno aberto da cidade de Bogotá (Colombia) |
Odoo, sistema de planificación de recursos empresariais (anteriormente coñecido coma OpenERP) |
|
|
No ano 2012 a Secretería Ditistral de Goberno, da cidade de Bogotá, comezou un proxecto de migración a software libre. Este proxecto está enmarcado dentro do plan de desenvolvemento denominado Bogotá Humana "Programa TIC para Gobierno Digital, Ciudad Inteligente y sociedad del conocimiento y del emprendimiento”, dentro do cal, aparece reflectido coma obxectivo: "Promover la utilización del software libre en el Distrito Capital". Para levar a cabo este proxecto e facer o seu seguimento, entre outras ferramentas, a Secretaría de Goberno, ten un Wiki público no que se recolle toda a información relativa ao avance do mesmo. Ao mesmo tempo serve como punto de almacenaxe de toda a documentación xerada no proxecto, a cal se pon a disposición, baixo licencia libre, de outras administracións e de toda a cidadanía. Entre outras moitas ferramentas libres empregadas no proceso de migración, atópase OpenERP (hoxe renomeado como Odoo), sobre o que ademais teñen feitos e liberados diferentes desenvolvementos orientados ao emprego deste ERP nos procesos comúns da administración. |
Odoo, máis coñecido como OpenERP ata este cambio de nome, é un sistema de ERP (Entreprise Resource Planning nas súas siglas en Inglés) de código aberto. Destaca por ser un ERP moi sinxelo pero tamén moi potente e altamente personalizable e adaptable grazas á grande cantidade de módulos dispoñibles, que poden ser integrados como plugins. Algúns dos módulos máis destacables que trae por defecto son:
Está dispoñible para ser instalada nun servidor propio, presentando unha arquitectura cliente-servidor, ou dende a versión 6.0, a empresa que se encarga do seu desenvolvemento, OpenERP S.A. ofréceo tamén como servizo na nube. |
Publicacións
- Informe Software Libre nos Concellos de Galicia [Informe en PDF]
Informe sobre a implantación e uso do Software Libre nos concellos de Galicia, un informe elaborado polo Observatorio da Sociedade da Información e a Modernización de Galicia (OSIMGA), en base a unha enquisa realizada entre os 314 concellos galegos.
Segue a
![]() |
Lore Martinez Axpe (@LoreAbarik) |

