Mancomún

Número 51 – Boletín de Software Libre na Administración – Outubro 2018

Mércores, 3 Outubro 2018

Novas

  • Chega a versión estable 1.0 de Flatpak
    [Ler máis…]
  • Queda menos dun mes para poder presentarse ao Premio ao Mellor Proxecto Universitario con Licenza Libre
    [Ler máis…]
  • Liberada a nova MiniNo Queiles 3.1 LTS
    [Ler máis…]
  • Comeza unha nova etapa no Coruña Hacks este sábado día 6 de outubro
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Caso de éxito
Existen unha morea de casos de éxito de Chamilo, dende escolas e universidades ata calquera empresa ou entidade que precise servizos de tele-ensino.

O caso que nos ocupa neste boletín é o do Instituto Nacional de Innovación Agraria dependente do Ministerio de Agricultura y Riego de Perú. O Instituto conta con unha plataforma de tele-ensino implementada, á que lle chama Aula Virtual, que está implementada con Chamilo e desenvolvida pola empresa BeezNest a través da cal ofrece cursos formativos sobre agricultura.

Proxecto destacado

Proxecto destacado
Chamilo é unha plataforma web de tele-ensino, é dicir, un xestor de contidos web deseñado especialmente para plataformas educativas a distancia. Ademais da solución software tamén existe a asociación Chamilo mediante a cal se coordina o desenvolvemento da solución, esta asociación tamén se encarga de xestionar a certificación dos fornecedores da solución.

Chamilo está implementado fundamentalmente en PHP e JavaScript e está liberado baixo GPL. Ademais das típicas funcións das plataformas de tele-ensino conta con soporte de SCORM e LTI, xeración de certificados automáticos, seguimento do progreso dos estudantes, soporte de múltiplas institucións… E destaca pola sinxeleza do seu uso.

Segue a…

MiradaDelReplicante (@tannhausser)

“La mirada del replicante” é un blog sobre GNU/Linux, software libre, tecnoloxía e activismo hacker

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal