Novas
-
Os makers libres invadirán Coruña esta fin de semana na 7ª edición da OSHWDem
[Ler máis…] -
Nova edición de Xeración Ñu xa na nube
[Ler máis…] -
A Amtega concede o premio ao mellor proxecto universitario con licenza libre
[Ler máis…] -
Dispoñible en galego Focus, o navegador privado de Mozilla para Android
[Ler máis…] -
Novas solucións publicadas na sección de Solucións TIC
[Ler máis…] -
Créase un directorio de código financiado publicamente
[Ler máis…] -
A asociación GALPon convídanos a unirnos á súa sala de Matrix
[Ler máis…]
Caso de éxito

Mattermost conta con numerosos casos de éxito de diversos sectores aínda que nos que máis incidencia ten é no sector das tecnoloxías TIC.
O caso de éxito que nos ocupa neste boletín é o do CERN (Centro Europeo para a Investigación Nuclear), que para todas aquelas persoas que teñan credenciais de acceso ao seus sistemas poden desfrutar do servizo de Mattermost para mellorar a produtividade dos equipos de persoas e que o CERN ten despregado na súa infraestrutura contando tamén, ao igual que para o resto de sistemas, con guías de uso para os seus usuarios.
Proxecto destacado

Mattermost é un conxunto de ferramentas de colaboración que ten como epicentro un servizo de mensaxería instantánea, dende o cal se pode acceder ao resto de funcionalidades. Mattermost posúe unha API mediante a cal se poden desenvolver integracións con outros sistemas ou servizos como poden ser IRC, WordPress, Jenkins, Nagios, Git…
Mattermost tamén se acostuma presentar como a alternativa libre a Slack e de feito supera a esta en varios aspectos como pode ser no relativo á seguridade e privacidade, pois Slack só é un servizo mentres que Mattermost, aínda que tamén se pode empregar como servizo na nube, permíteche instalar o software en infraestrutura propia.
Segue a…
Rikki Endsley (@rikkiends)
Foi “evanxelizadora” do software libre e estándares abertos en Red Hat, actualmente é “Community Manager” de Opensource.com
