Mancomún

Número 53 – Boletín de Software Libre na Administración – Decembro 2018

Mércores, 5 Decembro 2018

Novas

  • A AMTEGA publica como software libre o seu arquetipo corporativo para o desenvolvemento de servizos web
    [Ler máis…]
  • Python Vigo convida a todo o mundo a realizar propostas para as súas reunións
    [Ler máis…]
  • O Concello de Barcelona segue apostando polo software libre
    [Ler máis…]
  • Ábrese o prazo para participar no XIII Concurso Universitario de Sofware Libre
    [Ler máis…]
  • Tirana da un paso adiante cara o software libre coa migración a LibreOffice
    [Ler máis…]

Caso de éxito

Bandeira de Tirana
Existen unha infinidade de casos de éxito empregando LibreOffice en distintos ámbitos, incluída a administración pública. O caso que nos ocupa neste boletín é o do municipio Albanés de Tirana, que enmarcada no programa de fomento do uso do software libre nas súas infraestruturas promoveu a migración de entorno a 1000 postos de traballo aos estándares abertos e a LibreOffice evitando así a dependencia con solucións privativas.

O proxecto desta migración comezou no departamento de recursos humanos onde a maior parte das súas tarefas estaban baseadas en documentos e follas de cálculo o cal axudou a identificar posibles problemas durante a migración. Dentro das accións levadas a cabo pola administración están a da tradución dos manuais tanto de Writer coma de Calc ao albanés e a de publicar cursos en liña empregando Moodle para axudar coa migración.

Proxecto destacado

Logo de LibreOffice
LibreOffice é unha suite ofimática libre xestionada e desenvolvida por “The Document Foundation” (TDF) que naceu no 2010 como un fork de OpenOffice logo da compra de Sun por parte de Oracle, ano no que tamén naceu a fundación que xestiona o proxecto. A solución de ofimática que ofrece LibreOffice é completa e componse dos seguintes programas e funcionalidades:

  • Writer: procesador de textos.
  • Calc: sofware de folla de cálculo.
  • Impress: programa de presentacións.
  • Draw: aplicación de creación de debuxos e diagramas.
  • Base: programa de bases de datos de escritorio e interface con outros sistemas
  • xestores de bases de datos.

  • Math: editor de fórmulas matemáticas.
  • Charts: utilidade para o debuxo de gráficos.

Ademais da suite de escritorio tamén existe LibreOffice Online que é unha solución coas funcionalidades principais de LibreOffice ofrecidas dende a nube.
LibreOffice é unha solución multiplaforma con versións para Mac OS, GNU/Linux e Windows tamén está dispoñible en máis de 100 linguas entre as que se atopan tanto o galego coma o castelán incluíndo tanto a tradución da interface coma co dicionario ortográfico en ambas linguas.

Publicacións

Segue a…

The Document Foundation (@tdforg)

Fundación independente e comunitaria que rexe o desenvolvemento de LibreOffice.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal