Mancomún

Número 63 – Boletín de Software Libre na Administración – Outubro 2019

Martes, 29 Outubro 2019

Novas

  • OSHWDem 2019, feira de proxectos libres
    [Ler máis…]
  • Zabbix e Grafana, ferramentas clave para a supervisión de infraestrutura IT no CDTIC
    [Ler máis…]
  • Francia conta con un repositorio central de código aberto usado pola administración
    [Ler máis…]
  • Tails 4.0 xa dispoñible
    [Ler máis…]
  • Novidades de Python 3.8 e fin do soporte para Python 2
    [Ler máis…]
  • O Ministerio do Interior francés opta por unha solución de software libre, Nextcloud
    [Ler máis…]
  • #18-Mancomún Podcast: Entrevistas na VI Xornada de Usuarios de R Galicia
    [Ler máis…]
  • Liberada CentOS 8 e CentOS Streams
    [Ler máis…]
  • Linux 5.4 chegará con Lockdown
    [Ler máis…]
  • Chega OpenSSH 8.1 solucionando unha vulnerabilidade
    [Ler máis…]
  • PostgreSQL 12.0 está dispoñible
    [Ler máis…]

Formación e eventos

Caso de éxito

Caso de éxito de Nagios Core

Nagios Core é unha das solucións de monitorización de sistemas libres máis empregadas. Polo que existen unha morea de entidades que a usan para ter a infraestrutura informática baixo control. Na páxina web do proxecto hai unha sección onde se poden consultar diversos casos de éxito e testemuños.

O caso que de éxito destacado neste boletín é o do observatorio radioastronómico nacional dos Estados Unidos (NRAO) financiado pola National Science Foundation. Nagios Core é empregado por múltiplos departamentos do observatorio, aínda que principalmente polo departamento de Enxeñaría de Redes no que vixían e monitorizan un conxunto de 300 servizos e 250 equipos compostos por servidores de produción, switches e routers.

Proxecto destacado

Nagios Core

Nagios é unha solución de monitorización de software libre. Tamén é coñecida como Nagios Core, debido ao modelo de negocio “Open Core”, xa que o que é libre é o núcleo de Nagios coas funcionalidades básicas e logo existen outros produtos que empregan ese núcleo para implementar características máis avanzadas ou personalizadas mediante o cal Nagios Enterprises cobra o servizo de subscrición.

Nagios permite a monitorización de calquera equipo, servizo ou infraestrutura de rede. A forma de funcionar de Nagios é tendo uns plugins que son os que executan e realizan as medicións do parámetros configurados e envían o resultado ao núcleo de Nagios que presenta os datos mediante unha aplicación web e tamén se encarga de enviar as alertas polos medios que teña configurado.

Segue a…

John Arundel (@bitfield)
Traballou durante moitos anos como administrador de sistemas, agora é consultor e autor de “Cloud Native DevOps with Kubernetes”. É un entusiasta de ferramentas libres coo Kubernetes, Docker, Puppet…

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal