Novas
- A Amtega publica no repositorio de Software Libre da Xunta a aplicación web de xestión de aulas da rede CeMIT [Ler máis…]
- Adeus a Photoshop e ola a Krita na Universidade de París 8 [Ler máis… (En Castelán)]
- Sistema de alerta temperá de código aberto danés para as escolas [Ler máis… (En Inglés)]
- A cidade holandesa de Arnhem ten como obxectivo aumentar o uso de código aberto [Ler máis… (En Inglés)]
- Competición na plataforma do servizo de mapas de código aberto de Finlandia [Ler máis… (En Inglés)]
- Munich segunda administración pública en formar parte do consello asesor de Libreoffice [Ler máis… (En Inglés)]
- Os voluntarios engaden soporte móbil ao FixMyStreet de Noruega [Ler máis… (En Inglés) ]
- A axencia ambiental de Francia despregou Pydio para aumentar a colaboración [Ler máis… (En Inglés)]
- O software libre mellora a xestión do arquivo de Hospitalet [Ler máis… (En Inglés)]
Caso de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
Pentaho nas administracións públicas |
Pentaho: Intelixencia de negocio con software libre |
|
|
Pentaho é empregado por administración públicas en todo o mundo, destacando entre outros os seguintes casos de éxito:
Internamente podemos destacar como caso de éxito de uso de Pentaho, o seu uso dentro da pila de ferramentas do proxecto Desourb, levado a cabo polo Instituto de Estudos do Territorio, e a piques de ser liberado no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia. |
Pentaho é un conxunto de ferramentas de software libre que permiten xerar intelixencia empresarial (Business Intelligence). Inclúe a xeración de informes, minería de datos, transformación automática de datos, etc… As solucións que Pentaho pretende ofrecer compóñense fundamentalmente dunha infraestrutura de ferramentas de análises e informes integrado cun motor de workflow de procesos de negocio. A plataforma será capaz de executar as regras de negocio necesarias, expresadas en forma de procesos e actividades e de presentar e entregar a información adecuada no momento adecuado. Existe un grupo de usuarios de Pentaho en castelán, entre as diversas comunidades de usuarios. |
Publicacións
- Introdución ás Infraestruturas de Datos Espaciais [Descargar (zip)]
O Centro Nacional de Información Geográfica (CNIG) vén de publicar este libro baixo licenza libre (Creative Commons CC-BY 4.0) sobre a implantación real de infraestruturas de datos espaciais seguindo os estándares da OGC e as especificacións da directiva europea INSPIRE.
Segue a
![]() |
Martín Alvarez Espinar(@espinr) |

