Novas
- O hardware aberto permitiu a estudantes terminar a súa tese durante o confinamento
[Ler máis…] - DuckDuckGo dona 750.000$ a diversas organizacións
[Ler máis…] - Firefox Send e Firefox Notes pechan definitivamente
[Ler máis…] - GNOME 3.38 chega con cambios importantes
[Ler máis…] - #41-Mancomún Podcast: Virginia Díez de Wikimedia España
[Ler máis…] - A Amtega convoca máis de 300 prazas para as probas da Certificación Galega de Competencias Dixitais en Ofimática
[Ler máis…] - O xestor de bases de datos PostgreSQL libera a súa versión número 13
[Ler máis…] - Samba 4.13 soluciona ZeroLogon
[Ler máis…] - Nova folla de ruta do grupo de software libre da Nouvelle-Aquitaine de Francia
[Ler máis…] - Entregado o premio ao mellor proxecto universitario libre
[Ler máis…]
Formación e eventos
- Curso: Presentacións con LibreOffice Impress
- Xornadas: XVI Xornadas Internacionais gvSIG
- Curso: LibreOffice en Ribeira
- Feira tecnolóxica en liña: XI OSHWDem 2020
Caso de éxito

Existen múltiples casos de éxito da solución SOGo en diversas contornas. A que nos ocupa neste boletín é a da Universitat de València, unha universidade que se decantou por SOGo para aumentar as funcionalidades de Postman e dotar aos usuarios do servizo de correo electrónico dunha interface máis avanzada e moderna para acceder ao correo electrónico mediante o navegador con unha páxina web. Polo que implantaron no ano 2011 unha plataforma baseada en SOGo para o seu uso como servizo de correo electrónico institucional.
Ao decantarse polo uso de SOGo, as funcionalidades do servizo de correo electrónico da universidade víronse ampliadas dende o momento de uso desta solución. Algunhas das novas características foron a posibilidade de uso da ferramenta de xestión de calendarios que permiten xestionar eventos e tarefas e a ferramenta de xestión de contactos ou libreta de enderezos, así mesmo tamén poden compartir as caixas de correo, calendarios e enderezos entre usuarios. Adicionalmente grazas a que SOGo implementa e usa estándares, os usuarios poden empregar outros clientes para o uso do correo, calendario e axenda de enderezos como poden ser os que teñan nos propios teléfonos móbiles ou computadoras.
Proxecto destacado

SOGo é unha solución de colaboración e produtividade liberada baixo a GPL e LGPL versión 2 ou superior.
Mediante o uso deste software pódese despregar, en infraestrutura propia ou contratando servizos de terceiros, unha plataforma composta por correo electrónico, calendario, axenda, contactos, servizo de directorio…
É unha solución desenvolvida principalmente na linguaxe Objective-C e que implementa os estándares CalDAV, CardDAV, GroupDAV, IMAP, SMTP e iCalendar e que tamén se pode integrar con outras plataformas que soporten OpenLDAP ou Active Directory. A solución componse do software de servidor e tamén de clientes, a parte do cliente web, que está dispoñibles para diversas plataformas como Android, Windows Phone, IOS, Mozilla Thunderbird, Microsoft Outlook…
O desenvolvemento de SOGo corre a cargo dunha empresa canadense chamada Inverse que tamén ofrece paquetes que inclúen soporte profesional e servizos de integración.
Segue a…

Wikimedia España (@wikimedia_es)
Conta oficial da asociación Wikimedia España, que promove o coñecemento libre e gratuíto.
