Novas
- O Ministerio de Presidencia publica no CTT @DOC, unha plataforma de documento e expediente electrónico baixo licenza EUPL [Ler máis… (En Castelán)]
- Novo portal da Unión Europea para envío de incidencias sobre formatos de documentos nos portais das administracións públicas: Fix my document[Ler máis… (En Inglés)]
- O software libre está a empoderar os servizos de saúde pública no concello de Sintra (Portugal) [Ler máis… (En Inglés)]
- Dúas cidades belgas empregan software libre para o intercambio de imaxes médicas [Ler máis… (En Inglés)]
- A rexión de Emilia-Romagna (Italia) completa a súa migración a OpenOffice [Ler máis… (En Inglés)]
- O goberno de Portugal está a incrementar a súa aposta polo software libre [Ler máis… (En Inglés)]
- Galicia publica o sistema de xestión das aulas CeMIT [Ler máis… (En Inglés) ]
- A metade dos servizos informáticos de Bizkaia xa son software libre [Ler máis… (En Inglés)]
- Portugal achega os servizos de eGoberno ás zonas rurais [Ler máis… (En Inglés)]
Formación
- Sesión Demo: Demo de Xeshostal, software para a xestión hoteleira
- Obradoiro: Xestión avanzada de WordPress
- Xornada: Día da Interoperabilidade
Casos de éxito |
Proxecto destacado |
|
|
|
|
OSM nas administracións públicas |
OpenStreetMap: A Wikipedia dos mapas |
|
|
OpenStreetMap é empregado por todo tipo de entidades, incluíndo administracións públicas, que aportan datos propios ao proxecto e que se benefician ademais da actualización colaborativa deses datos. Entre outros exemplos desta relación de OSM e as administracións públicas podemos destacar os seguintes casos de éxito:
Ao abeiro do Convenio de colaboración asinado entre a AMTEGA e as asociacións galegas, para a difusión do software libre, téñense realizado diferentes actividades arredor do proxecto OpenStreetMap: |
O proxecto OpenStreetMap nace como unha iniciativa de datos libres, que trata de xerar de xeito colaborativo un mapamundi a nivel mundial. Coñecido popularmente como a "Wikipedia dos mapas", esta proxecto non parou de medrar dende o ano 2004, contando actualmente cunha base de datos de mais de 200 GB de información e mais de un millón e medio de usuarios en todo o mundo. Toda a información está dispoñible de xeito público a través dunha licenza libre, a ODbL (Open Database License). O proxecto está xestionado por una organización sen ánimo de lucro, a OpenStreetMap Foundation, quen se encarga de xestionar a súa infraestrutura e fornecer as ferramentas necesarias para que calquera poida consultar e engadir nova información, a través da páxina web e outras ferramentas. Numerosas entidades en todo o mundo empregan e colaboran aportando datos ao proxecto, incluíndo empresas, administracións públicas e organizacións sen ánimo de lucro. Nos últimos anos tivo un gran impacto no eido da xestión de crises humanitarias, no que demostrou unha rapidez de actuación para a creación de cartografía a través da colaboración de miles de voluntarios en todo o mundo, que ningunha outra entidade podería acadar. |
Publicacións
- Seguimento da adecuación ao Esquema Nacional de Interoperabilidade (ENI) [PDF]
O seguimento do progreso de adecuación ao ENI está baseado nun cuestionario composto por 53 preguntas, 3 de carácter xeral e 50 específicas dispoñible na sección de Normas Técnicas de Interoperabilidade. O documento e o estudo está feito polo Observatorio de Administración Electrónica (OBSAE).
Segue a
![]() |
Kate Chapman(@wonderchook) |

