Mancomún

O 9 de xullo terá lugar un obradoiro sobre mapas interactivos e móbiles para a aprendizaxe

Luns, 25 Xuño 2018

O evento terá lugar o luns 9 de xullo no CESGA, enmarcado dentro da iniciativa “Aula Cesga“, está organizado polo CESGA e o CPI O Cruce contando ademais coa colaboración da Facultade de Ciencias da Educación da USC.

O obradoiro, que é gratuíto, está titulado “Emprego de Mapas interactivos (XIS) e móbiles para a aprendizaxe” e ten como obxectivos dar a coñecer as características das tecnoloxías SIX, o emprego de aplicacións con compoñente xeográfico, servidores de mapas, captura e filtrado de información xeoreferenciada, así como posibilidades máis avanzadas mediante a ferramenta de software libre QGIS. Todos este obxectivos serán tratados dende o punto de vista da educación , poñendo exemplos e posibilidades de uso destas tecnoloxías nas aulas e con un enfoque práctico.

O obradoiro contará con dúas quendas, unha de mañá e outra de tarde, cada unha con 15 prazas. Máis información e instrución para a inscrición na páxina do evento ou no documento informativo sobre o evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal