Mancomún

O Ateneo Ferrolán organiza unhas xornadas adicadas a GNU/Linux

Mércores, 21 Outubro 2009

Ateneo FerrolánO Ateneo Ferrolán comunicou recentemente por medio da súa páxina web que organizará os 28, 30 e 31 de outubro as Xornadas GNU/Linux, unhas xornadas destinadas á promoción deste sistema.

Estas xornadas contarán cunha ampla gama de contidos que se distribuirán do seguinte xeito:

  • Mércores 28 de outubro: "Sen medos que é libre"

    • GNU/Linux: O proxecto GNU e o núcleo Linux.

    • Software libre: Filosofía e licenzas libres.

    • A comunidade: grupos de usuarios e participación.

    • Vantaxes e compatibilidade: En ocasións non todo funciona.

    • Distribucións: A variedade está chea de posibilidades.

    • Entendendo GNU/Linux: Usuarios, grupos, permisos, sistema de ficheiros, cartafoles…

    • Escritorios: Gnome, KDE e moitos outros…

    • Recursos en rede: Descarga, instalación e actualización.

  • Venres 30 de outubro: "Festa de instalación"

    • Obradoiro de instalación de GNU/Linux(Calquera pode levar o seu computador e un cable de rede para aprender a instalalo)

  • Sábado 31 de outubro: "Máis a fondo"

    • Instalación de aplicacións e repositorios.

    • Libre ou non libre: Códecs, controladores e engadidos.

    • Aplicativos e equivalencias libres: Ofimática, redes, gráficos, multimedia, xogos… e todo o que precises.

    • Configuración de redes con e sen fíos.

    • Emuladores e máquinas virtuais.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal