Mancomún

O Banco Pastor migra a Red Hat

Xoves, 22 Outubro 2009

Banco PastorO software libre vai avanzando posicións a pasos axigantados, xa non só entre os usuarios particulares senón que tamén o fai entre as grandes empresas. Como proba disto podemos atopar un recente comunicado do banco galego Banco Pastor, o sétimo grupo bancario español e que conta con 650 sucursais en toda España, no que anunciou que migrou os seus sistemas críticos de recursos humanos e correo electrónico corporativo, sobre os que se executan SAP NetWeaver, SAP ERP e Lotus Notes a Red Hat Enterprise Linux.

A combinación de Red Hat Enterprise Linux e o servidor IBM System z10 permitiu a entidade bancaria reducir nun 30% os seus custes anuais da plataforma que da soporte ao seu sistema de correo, mellorar o rendemento e aumentar a escalabilidade das plataformas que executan a súas aplicacións SAP e IBM Lotus Notes.
A experiencia do Banco Pastor coa tecnoloxía Red Hat, non é algo novo xa que empregara Red Hat Enterprise Linux coas súas plataformas distribuídas. Grazas a isto e a estreita relación que ten Red Hat con IBM e SAP, facilitou que a entidade bancaria escollese Red Hat nesta ocasión.

Fontes: redhat.com e agnix.org

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal