Mancomún

O CDTIC acolle unha nova sesión demostradora sobre a solución de software libre Alfresco

Mércores, 9 Novembro 2016

Este xoves 10 de Novembro, o CDTIC acolle nas súas instalacións en Santiago de Compostela unha nova sesión demostradora, da man da empresa Queres Tecnologías, na que se amosará as vantaxes de Alfresco como ferramenta de xestión documental.

A xornada leva por título “A xestión documental na peme con Alfresco”, e impartirase en horario de tarde, dende as 17:00 ata as 19:00 horas, co seguinte programa:

  • Que é a xestión documental? Que a chega á miña empresa?
  • Principais necesidades que cómpre resolver
  • Demostración: Alfresco Share – colaboración e interface
  • Casos de éxito con empresas e organismos
  • Preguntas e respostas

Nesta actividade proporcionaráselles ás persoas asistentes unha visión clara da xestión documental e axudarase a identificar os procesos da compañía nos que pode resultar de utilidade a súa implantación. Ao longo da sesión explicarase que é a xestión documental e as súas vantaxes para a empresa e comentaranse as principais necesidades que cómpre resolver. Así mesmo, realizarase unha demostración práctica de Alfresco e mostraranse casos de éxito da súa utilización en diferentes tipos de organizacións.

Como todas as actividades organizadas polo CDTIC o seminario é de carácter gratuíto, pero con aforo limitado, sendo por tanto imprescindible inscribirse previamente a través do Espazo Usuario do portal web do CDTIC.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal