O CDITIC ofrece hoxe a partir das 16:00 este seminario, de carácter práctico, no que os asistentes poderán coñecer as características que fan de Drupal un CMS axeitado para calquera sector. Durante o transcurso do seminario, os asistentes aprenderán os compoñentes tecnolóxicos, as funcionalidades e as vantaxes, a través de exemplos prácticos, de empregar Drupal no desenvolvemento de sitios web.
O encargado de dar o seminario é Alberto Permuy, socio de Codery, e arquitecto Drupal. Alberto leva dende o ano 2008 traballando no desenvolvemento e na administración de aplicacións baseadas en contornos Drupal, tanto para Administracións públicas como para pemes. Dende Codery administran sistemas GNU/Linux, sitios web e intranets correndo en Drupal, con especial atención a cuestións vinculadas a rendemento, escalabilidade e seguridade.
