Mancomún

O CDTIC organiza un obradoiro sobre datos e privacidade o 9 de outubro

Luns, 8 Outubro 2018

O 9 de Outubro de 2018 de 16:30h a 18:30 horas no CDTIC en Santiago, terá lugar un obradoiro centrado nos datos e na privacidade titulado “Datos libres pero con control“.

Este obradoiro estará impartido pola empresa NoLegalTech, unha empresa de consultoría legal co foco no sector tecnolóxico e membro de Agasol. Durante o obradoiro realizaran unha exposición dun caso de xestión comercial, administrativa e loxística e un exercicio práctico.

Coa formación recibida neste obradoiro adquiriranse coñecementos da lexislación referente á protección de datos e divulgarán ferramentas de software libre que axuden coas tarefas de xestión de datos de carácter persoal.

Se desexas ter máis información ou inscribirte, podes facelo na páxina do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal