Mancomún

O CDTIC organiza unha sesión demostradora de Zabbix o 10 de outubro

Luns, 8 Outubro 2018

A sesión demostradora titulada “Seguimento de sistemas e infraestrutura TI con Zabbix” terá lugar o 10 de outubro de 2018 de 16:30 a 19:00 horas no CDTIC en Santiago.

O obxectivo desta sesión é mostrar dun xeito práctico as vantaxes de empregar a ferramenta libre Zabbix en pemes e micropemes. Durante a mesma realizarase unha presentación da ferramenta e das súas posibilidades, posteriormente expoñeráse un exemplo práctico seguido da presentación de varios casos de éxito en diversas empresas galegas.

A sesión será impartida por Muutech Monitoring Solutions, que é unha empresa socia de Agasol. Se desexas ter máis información ou inscribirte, podes facelo na páxina do evento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal