CENATIC, o Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baseadas en software libre, está levando a cabo unha actividade que consiste no desenvolvemento, xunto coas principais comunidades de software libre, dun curso ou acción formativa que permitirá formar a profesionais das TIC das administracións públicas, empresas, autónomos ou colectivos no desenvolvemento de aplicacións para contornos de escritorio libre.
Segundo comenta o responsábel de capacitación de CENATIC, Álvaro del Castillo, “ata o de agora algunhas iniciativas xeraran titoriais ou manuais, pero a capacitación en proxectos tan importantes como GNOME e KDE non estaba cuberta de maneira integral”. Desde o comezo do proxecto, CENATIC púxose en contacto con GNOME e KDE a nivel internacional e agora xa están traballando cos representantes españois de ambas as dúas comunidades para lograr o obxectivo proposto, “capacitar de forma integral a desenvolvedores que no futuro queiran participar mellorando e evolucionando estas ferramentas libres desde as súas comunidades”. Actualmente, existes milleiros de aplicacións gráficas para estes escritorios libres pero aínda hai necesidades específicas non resoltas, e dispoñer de profesionais o suficientemente capacitados asegura a evolución futura destes escritorios, mellorando a súa competitividade fronte a outras alternativas.
Para favorecer a participación da comunidade no desenvolvemento do proxecto, comenta Álvaro del Castillo, “tomáronse decisións como o desenvolvemento do curso totalmente accesíbel e de forma colaborativa a través da forxa do CENATIC (http://desktopsl.cenatic.es), o deseño dun contorno que permita automatizar a creación de contidos para plataformas virtuais e a súa tradución a distintos idiomas, así como o uso de licenzas de contidos libres para favorecer a maior difusión posterior dos contidos xerados.”
Máis información na nota de prensa do CENATIC:
http://www.cenatic.net
Outros proxectos nos que actualmente está involucrado o CENATIC:
Proxectos do CENATIC
