O CPEIG organiza o curso Hardering Linux co obxectivo de presentar diferentes técnicas para fortificar sistemas Linux e os servizos que se poden executar en dito sistema. O curso vai guiado polo modelo de defensa en profundidade (DiD), o cal permite ir protexendo diferentes capas ou escenas da organización.
O curso terá unha duración de 20 horas presenciais que se distribuirán en 4 sesións intensivas os venres pola tarde e sábados pola mañá durante dous fins de semana, o 29 e 30 de abril, e 6 e 7 de maio de 2016. O horario será de 16:30 a 21:30 os venres e de 09:00 á 14:00 os sábados. O curso celebrarase na ESEI da Universidade de Ourense.
O CPEIG) oferta un total de 20 prazas que serán cubertas por rigorosa orde de inscrición, cuxo prazo abriu onte.
O programa do curso é o seguinte:
- Introdución á fortificación
- Modelo defensa en profundidade
- Regra de ouro (I): Mínimo privilexio posible
- Regra de ouro (II): Mínimo punto de exposición
- Protección física
- Xestor de arranque
- Vulnerabilidades
- Debilidades
- Protección do sistema de arquivos
- Cifrado de arquivos
- GPG
- Xestor de arranque
- Protección perimetral e rede interna
- Iptables
- VPN
- Monitorización rede
- VLan
- IDS
- Ataques na rede
- Protección capa aplicación
- Xaulas
- Sudoers
- Exemplos de configuración
- Limitación de recursos
- Port-Knocking
- HIDS
- Fortificación de SSH
- Funcionamento
- Configuración
- Directivas
- Fortificación
- Aplicacións
- Scp
- Sshfs
- Fail2ban
- Fortificación de LAMP
- Instalación
- MySQL
- Configuración
- PHP
- Directivas e módulos
- Apache
- Módulos
O importe do curso é de 100€ + IVE para membros colexiadas/os do CPEIG e CPETIG, e estudantes de Enxeñería Informática dos últimos cursos, 150€ + IVE para empregados de empresas do Cluster TIC e de 250€ + IVE para o resto.
Os interesados en inscribirse no curso poden obter toda a información no portal do CPEIG así como dirixirse ao Presidente da Comisión de Formación do CPEIG, Francisco Javier Rodríguez Martínez vogal4 @ cpeig.org para ampliar información ou para aclarar calquera dúbida.
