Mancomún

O certificado raíz da FNMT xa está incluído en Firefox

Martes, 31 Xaneiro 2017

O pasado mes de agosto o anunciabamos, hoxe xa é un feito. Mozilla Firefox 51 convertese no primeiro navegador web libre con soporte para a autoridade certificadora dixital da FNMT dándolle vantaxe de uso nos portais web da administración española.

Esta nova convertese nun fito para a administración pública electrónica española xa que simplifica toda a xestión dixital coa mesma. Esta versión de Mozilla Firefox está dispoñible para a súa descarga dende a pasada semana.

A inclusión do certificado raíz da FNMT na base de datos de certificados de Mozilla Firefox habilita o acceso completo e plenamente fiable a os servizos web seguros expedidos pola FNMT sen necesidade de facer ningunha instalación manual dun certificado raíz da mesma.

Deste xeito completase o camiño iniciado o pasado 26 de Mayo del 2008 coa petición formal de engadir o certificado da Fabrica Moneda e Timbre no navegador Mozilla Firefox. Dende Mancomún queremos dar os parabéns a todas aquelas persoas e organizacións que traballaron en prol deste feito.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal