Mancomún

O ciclo de vida da primeira versión de Ubuntu LTS (6.06) chega ao seu fin

Venres, 10 Xullo 2009

Hai uns tres anos aproximadamente que Ubuntu lanzou a versión 6.06 da súa distribución de Linux, cunha característica moi especial: esa foi a primeira versión de Ubuntu con ciclo de vida de asistencia técnica longa (as coñecidas versións LTS). Estas versión caracterízanse por recibir actualizacións de seguranza e críticas durante tres anos para a versión de computadores persoais, e durante cinco anos para as versións de servidor.

Agora mesmo, esta primeira versión LTS chega ao fin do seu ciclo de vida (exactamente, farao o día 14 deste mes). Desde ese momento, as novas de seguranza de Ubuntu non incluirán máis información ou paquetes de software actualizados para a versión 6.06 LTS de Ubuntu. A versión para servidores seguirá a recibir actualizacións ata xuño de 2011.

Á hora de actualizar unha Ubuntu 6.06 LTS, a versión á que habería que actualizar será a versión 8.04 LTS. Podedes atopar as instrucións para a actualización (así como resolucións de problemas, etc…) na seguinte ligazón:

https://help.ubuntu.com/community/HardyUpgrades

A versión 8.04, contará cun ciclo de vida igual que a súa predecesora polo que seguirá recibindo actualizacións ata mediados do 2013. A próxima versión LTS será a 10.4 que sairá en abril do ano que vén…

A última das versións LTS de Ubuntu continúa a recibir asistencia técnica con actualizacións frecuentes de seguranza e corrección de erros. Todos os anuncios oficiais de actualizacións para as versións de Ubuntu son enviados á seguinte rolda de correo, onde poderedes atopar máis información sobre os cambios:

https://lists.ubuntu.com/mailman/listinfo/ubuntu-security-announce

Fonte da nova:
https://lists.ubuntu.com/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal