Mancomún

O CIXUG convoca postos temporais para coordinador e técnicos da OSL

Martes, 26 Marzo 2013

Logotipo da OSL do CIXUGO CIXUG publica a convocatoria de procesos selectivos para cubrir un posto temporal de Coordinador e 3 postos temporais de Técnicos para a Oficina de Software Libre do Sistema Universitario Galego. Esta oficina, creada o ano pasado nunha unificación das 3 oficinas das universidades galegas, ten por obxectivo coordinar e maximizar os esforzos e o alcance da promoción e difusión do Software Libre na comunidade universitaria; estudantes, persoal de administración e servizos e persoal docente e investigador do Sistema Universitario Galego.

A AMTEGA, asina un ano máis un convenio de colaboración co CIXUG para levar a cabo unha serie de actuacións de promoción do Software Libre no ámbito universitario no marco do Plan de Acción en materia de Software Libre da Xunta de Galicia, que será presentado en breve.

Así, co obxecto de levar a cabo estas e outras actuacións, o CIXUG inicia o proceso selectivo para contratar ao persoal que desenvolverá os servizos da OSL: Coordinador da OSL, técnico da OSL na UDCtécnico da OSL na USC e técnico da OSL na UVigo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará ás 14:00 horas do día 3 de abril de 2013.
Posto de coordinador da OSL

O posto de coordinador terá unha duración de 9 meses, e unha retribución proporcional a un importe bruto anual de 29.400€ .

O coordinador terá as seguintes funcións:

  • Coordinar as actividades en materia de software libre das 3 universidades.
  • Responsable da concreción do plan de actuación, de liderar a execución do mesmo así como levar a cabo o seu seguimento e control.
  • Responsable da asignación directa das tarefas ao persoal técnico para levar a cabo as accións do plan.

Ademais apoiará accións concretas do plan como :

  • Desenvolver as actuacións precisas para promover o uso dos produtos de software libre que se decidan implantar.
  • Dar soporte aos usuarios nos produtos que se decidan promover.
  • Organizar e participar en actos (cursos, xornadas…) de difusión de software libre nas universidades.
  • Propoñer novas iniciativas para o desenvolvemento de software libre nas universidades.
  • Elaborar informes técnicos, funcionais, …que se requiran para o correcto funcionamento da OSL contando coa colaboración do persoal ao seu cargo.

Valoraranse os seguintes méritos, sendo preciso acadar un mínimo de 25 puntos para continuar no proceso selectivo:

  • Formación académica segundo o grao de relación coas funcións do posto
  • Experiencia acreditada na xestión e coordinación de proxectos TIC
  • Experiencia acreditada na xestión e coordinación de proxectos TIC no ámbito específico do Software Libre
  • Coñecementos acreditados en proxectos de software libre relacionados con Sistemas Operativos, Xestión de Bases de Datos, Xestores de Contidos, Contornas gráficas de escritorios, localización de produtos baseados en software libre.
  • Cursos de formación impartidos no ámbito do software libre
  • Outros méritos relacionados coas funcións do posto.

Postos de Técnicos da OSL

Convócanse 3 postos de técnicos, un para cada unha das 3 universidades, UDC, USC e Uvigo.

A duración do contrato destes técnicos será de sete meses cunha retribución proporcional a un importe bruto anual de 20.400€.

As funcións dos técnicos serán:

  • Desenvolver as actuacións precisas para promover o uso dos produtos de software libre que se decidan implantar na súa área de influencia dentro da universidade na que estea asignado.
  • Dar soporte aos usuarios nos produtos que se decidan promover.
  • Organizar e participar en actos (cursos, xornadas…) de difusión de software libre nas universidades.
  • Propoñer novas iniciativas para o desenvolvemento de software libre nas universidades.
  • Participar activamente na formación ao persoal PAS en ferramentas libres.
  • Apoiar a elaboración de material formativo de ferramentas libres.
  • Apoiar no mantemento da web da OSL.
  • Participar activamente na divulgación das opcións en materia de software libre en centros das universidades.
  • Apoiar a implantación de programas libres para Windows nas aulas de informática.
  • Participar activamente na implantación dual da ubuntu-XUG desenvolvida o pasado ano
  • Elaborar a documentación e informes de seguimento e funcionamento da súa actividade que sexan precisos para dar a coñecer as tarefas desenvolvidas dende a OSL, e en particular na universidade na que se atope asignado.

Valoraranse os seguintes méritos, sendo preciso acadar un mínimo de 25 puntos para continuar no proceso selectivo:

  • Formación académica segundo o grao de relación coas funcións do posto
  • Experiencia acreditada na participación en proxectos TIC
  • Experiencia acreditada na participación en proxectos TIC no ámbito específico do Software Libre
  • Coñecementos acreditados en instalación e administración de software libre relacionados con Sistemas Operativos, Xestión de Bases de Datos, Xestores de Contidos, Contornas gráficas de escritorios, localización de produtos baseados en software libre.
  • Cursos de formación impartidos no ámbito do software libre
  • Elaboración de material formativo con ferramentas de “e-learning”
  • Outros méritos relacionados coas funcións do posto.

Fonte: CIXUG

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal