O CNTG (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) anuncia a activación do prazo de inscrición para a certificación dos cursos realizados durante este primeiro trimestre do ano:
- Desenvolvemento de aplicacións e servizos web Java EE Back-end
- Desenvolvemento de aplicacións embebidas en Java para dispositivos móbiles – IoT
- Administración de bases de datos MySQL
- Desenvolvemento de aplicacións web con PHP e MySQL
- Administración avanzada de sistemas operativos Linux (LPIC 2)
- Administración avanzada de redes CISCO, CCNA Routing & Switching (curso impartido no último trimestre do 2016)
- Implementación de solucións de infraestrutura Microsoft Azure (curso impartido no último trimestre do 2016)
- E teñan dereito a realizar o exame de certificación, poden efectuar a reserva de data e hora para realizar a proba.
Os exames terán lugar os días 19 e 20 de abril de 2017 en xornadas de mañá e tarde.
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde as 12:00 horas do día 23 de marzo, ata as 24:00 horas do día 4 de abril, data límite para efectuar a súa inscrición. En ningún caso se admitirán novas reservas con posterioridade ao peche deste prazo.
