O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) vén de abrir o prazo de inscrición de varios cursos correspondentes a segundo semestre da programación 2016/2017, entre os que se atopan varios sobre tecnoloxías de Software Libre:
- Automatización de infraestruturas IT con Chef, 16 prazas en edición única (desempregados/as e ocupados/as) de mañá.
- Desenvolvemento web fullstack con CEAN (Couchbase, Express, Angular e Node), 16 prazas en edición única (desempregados/as e ocupados/as) de mañá.
- Despregue de aplicacións con Docker, 16 prazas en edición prioritaria para desempregados/as de mañá.
- Automatización de infraestruturas IT con Chef, 16 prazas en edición única (desempregados/as e ocupados/as) de tarde.
- Desenvolvemento web fullstack con CEAN (Couchbase, Express, Angular e Node), 16 prazas en edición prioritaria para ocupados/as de tarde.
- Despregue de aplicacións con Docker, 16 prazas en edición prioritaria para ocupados/as de tarde
Pódese consultar as fichas completas dos cursos así como facer a inscrición nos mesmos a través desta ligazón.
