Mancomún

O CNTG organiza un curso de creación dixital en 3D con Blender

Martes, 15 Decembro 2009

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) organiza un curso de creación dixital en 3D con Blender a partir do vindeiro 6 de xaneiro de 2010. Este curso está dirixido a todos aquelas persoas inscritos no INEM ou traballadores en activo, que queiran empregar Blender, a ferramenta libre de deseño profesional 3D. Xa sexa para un desenvolvemento persoal ou laboral. 

O curso, cun contido eminentemente práctico, oriéntase á creación de obxectos en 3D, dende o debuxo inicial da forma ata o render final dunBlenderha animación. Durante o curso farase un percorrido polos diversos apartados de creación 3D do programa Blender: Modelado, iluminación, texturas, animación, todas elas partes esenciais de calquera creación tridimensional.

A partir dun debuxo verase como se constrúe o modelo 3D, como facer que muden as súas propiedades de aspecto, como aplicar a textura nos diferentes obxectos, as diferentes opcións para a iluminación, como situar a cámara para obter unha imaxe renderizada, e, por último, coma manexar a liña de tempo para obter a animación do obxecto.
Como apoio da acción formativa entregarase, en soporte dixital, a información, documentación e ligazóns de interese relacionadas co contido do curso. No soporte incluiranse os binarios para a instalación de Blender e Gimp nas principais plataformas existentes. O curso inclúe un foro de consulta, que se abrirá durante 3 meses unha vez rematada a acción formativa, para resolver aos alumnos as dúbidas relacionadas cos contidos propios do curso.

As accións formativas realizadas no CNTG están cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (80%) e pola Administración do Estado (20%). Neste curso impartiranse 10 horas correspondentes ao módulo de igualdade, a incrementar sobre o número que figura no programa. A asistencia a este módulo é obrigatoria. Estarán exentos os alumnos que xa teñan realizado este módulo e o xustifiquen documentalmente. Para máis información, consulte a sección FAQ do portal web.

Este curso será impartido por Antonio Carranza, un experto deseñador que participou no desenvolvemento de diversas películas e programas de televisión como “Ratón Pérez 2”, “Donkey Xote”, “Club Xabarín”, “El Cid, The Legend”, “P3K Pinocchio 3000”, “Goomer”, etc.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal