Mancomún

O CNTG reforza a presencia do FLOSS dentro da súa oferta formativa 2010-2011

Mércores, 25 Agosto 2010

O Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (CNTG) acaba de publicar a súa oferta formativa para o período comprendido entre outubro de 2010 e xuño de 2011. Conscientes da importancia do FLOSS dentro da capacitación TIC dos profesionais galegos, o CNTG reforza a presencia do mesmo dentro do seu plan formativo.
Deste xeito, destaca a presencia de cursos dirixidos aos tres niveles LPI, permitindo a obtención das tres certificacións oficiais do Linux Professional Institute: LPIC-1, LPIC-2, LPIC-3

Tamén é salientable o desenvolvemento de cursos dirixidos a tecnoloxías libres concretas como son MySQL, desenvolvemento baixo o paradigma LAMP, Red Hat, etc. A maiores, o CNTG vai fomentar o uso de FLOSS naqueles cursos e actividades formativas sobre metodoloxías ou tecnoloxías neutras.

O CNTG é un axente de gran importancia dentro do ecosistema galego do FLOSS, tal como se recolle no Plan de Acción 2010 en materia de Software Libre e de Fontes Abertas, exercendo un papel chave en varios eidos como por exemplo a Formación en FLOSS dirixida a profesionais TIC.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal