Mancomún

O colectivo Trebelab imparte un curso de iniciación ao deseño 3D con Blender en Vigo

Martes, 1 Setembro 2009

TrebelabO colectivo Trebelab organiza mañá, mércores 2 de setembro, un obradoiro de introdución ao deseño 3D con Blender na cidade de Vigo. Este curso, que terá lugar ás 19 horas no local “A Cova dos Ratos” (Rúa Romil 3, Vigo), estará precedido por unha charla sobre seguridade nas redes wifi ás 17 horas.

Esta iniciativa enmárcase dentro do programa “Mércores dixitais abertos”, segundo o cal, cada mércores, os membros da asociación xúntanse a partir das 17 horas para compartir as súas dúbidas e avances en proxectos de código aberto e ofrecendo axuda a calquera agrupación ou persoa para afondar máis “sobre a cultura e a creación libre en xeral ou software libre en particular”.

Trebelab é "un pequeno colectivo aberto de persoas", tal e como eles mesmos se describen na súa web, “que fuchican, trebellan e xogan coas máquinas e a tecnoloxía para compartir coñecementos, experimentar en grupo, potenciar a dimensión máis social da rede, fomentar un uso racional e crítico das novas (e xa no tan novas) tecnoloxías, fomentar o software libre en particular e a cultura e creación libre en xeral.”
Para máis información sobre o curso contacte directamente con Trebelab en info @ arkipelagos.net

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal