Mancomún

O computador 20 veces máis rápido do mundo traballará con GNU/Linux

Venres, 6 Febreiro 2009

Visto en Asennadas:

O Goberno dos Estados Unidos contratou a IBM para construír o supercomputador con máis potencia que os actuais da lista Top500 maiores supercomputadores do mundo. A nova pode lerse en varias fontes (Slashdot, The Inquirer, Código Cero, …) pero en Br-Linux engaden ademais que o sistema de IBM, nomeado Sequoia, empregará como sistema operativo GNU/Linux.

O supercomputador terá unha capacidade de 20 petaflops e será usado polo Departamento de Enerxía dos EE.UU. para buscas de materias primas nucleares.  Unha capacidade sorprendente comparada cos sistemas actuais máis rápidos que até hoxe acadaban 1 petaflop, éxito atinxido aínda o ano pasado.

O Sequoia empregará uns 1,6 millóns de núcleos de procesadores, todos chips de IBM executando GNU/Linux, terá unha memoria de 1,6 terabytes e será hospedado en 96 estantes, cada un do tamaño dun frigorífico.

Sequoia é unha árbore xigantesca que dá nome a un parque natural americano.

Fonte: Asennadas

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal