O Concello de A Coruña, a través da súa Área de Planificación, sacou a concurso a contratación do servizo de implantación da Administración electrónica baseada no Software Libre. O investimento para poñer en marchar esta iniciativa ascende aos 180.000 euros e o contrato terá unha duración de 12 meses.
O proxecto enmárcase dentro do obxectivo do Concello de mellorar os servizos de xestión e atención á cidadanía, proporcionando unha solución tecnolóxica baseada nunha infraestrutura software completa e modular que lle proporcione ao goberno local e á cidadanía todas as capacidades posibles do que se deu en chamar unha administración próxima ao cidadán…
Segundo establece o prego de condicións, o cidadán terá a posibilidade de relacionarse co Concello de forma multicanle a través do CRM (010, web, atención presencial). Deste xeito, permitiráselle o acceso a unha ventá única con rexistro de entrada e saída unificado para a recollida de calquera tipo de documentación.
Máis información na fonte orixinal da nova:
http://www.coruna.es
