Visto na web do concello de Ames:
“As persoas interesadas no mundo das novas tecnoloxías xa poden inscribirse nos obradoiros do mes de novembro que organiza a aula de informática de Bertamiráns. Aprender a navegar pola rede, saber manexar o OpenOffice Writer, crear unha conta de correo electrónico ou simplemente iniciarse no mundo da informática, isto é o que poderán aprender os e as amienses que durante o mes de novembro se mergullen no mundo dos ordenadores grazas a estes obradoiros. Os únicos requisitos para poder participar son inscribirse con antelación e ser maior de idade.
Saber utilizar un procesador de textos non é tarefa sinxela, pero todos os amienses teñen a oportunidade de iniciarse no manexo do OpenOffice Writer, co terceiro obradoiro que se impartirá en novembro na aula de informática de Bertamiráns. Así, búscase que os usuarios sexan quen de crear e modificar un documento de texto empregando este aplicativo. Ademais aprenderan a facer textos e a darlle formato. O obradoiro levarase a cabo do martes 24 de novembro ao 3 de decembro en horario de mañá, de 10:30 h. a 11:30 horas."
Para máis información, non dubidedes en consultar a fonte orixinal da nova.
