Para este proxecto vén de aprobarse un orzamento de máis de 4,5 millóns de euros cos cales se sufragarán os custos derivados da reconversión das instalacións aos que poderán acceder cidadáns e pemes. O proxecto conta ademais co respaldo do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través do Plan Avanza.
O proceso baséase en rehabilitar esta antiga fábrica de ascensores, que se atopa en avanzado estado de deterioración pola quebra en 1992 da empresa propietaria. A súa transformación, tal e como explicou o alcalde a cidade, Alberto Ruiz-Gallardón, “vai permitir que as empresas tecnolóxicas líderes mostren os seus produtos, os seus servizos básicos, co fin de difundir e implantar de forma efectiva o uso das tecnoloxías entre as empresas e os cidadáns, non soamente de Madrid senón de toda España”.
As primeiras actuacións aprobadas, previas á rehabilitación, alcanzan un importe total de 4.584.625 euros e permitirán ao Área de Economía e Emprego “comezar de forma inmediata o desenvolvemento de varios proxectos” dixo Gallardón, entre eles, o Centro de Excelencia en Software Libre, e o desenvolvemento da Catedral on-line das novas tecnoloxías, a versión virtual do proxecto físico. Así mesmo, está previsto desenvolver outras actividades e contidos formativos e de dinamización que complementen aos anteriores.
Fonte: Concello de Madrid
