Visto na páxina web do Concello:
“O Concello de Rianxo organiza un curso de difusión do sistema operativo Linux co obxectivo de dar a coñecer os aplicativos máis utilizados a cotío no fogar, na oficina ou no estudo: ofimática, multimedia, deseño, xogos e todo tipo de aplicativos que abranguen todo o que normalmente se necesita dun computador.
O curso é axeitado para xente cuns mínimos coñecementos de informática."
- Duración: do 18 ao 27 de agosto
- Horario: martes, mércores e xoves de 09.00h a 10.30
- Hai límite de prazas
- A inscrición é gratuíta
- Medios de inscrición:
- Teléfonos: 981 86 66 63 / 667 18 55 77
- correo-e: informatica@rianxo.com
- SMS: 667 18 55 77
- Enderezo: Aula de Informática. "Cuartel Vello". Praza Castelao, s/n – 15920, Rianxo
