O Concello de Rianxo organiza durante todo o mes de abril e maio un curso de ofimática centrado no procesador de textos OpenOffice.org Writer e a folla de cálculo Calc, tamén de OpenOffice.org. A actividade comeza mañá martes día 8 de abril e ten prevista unha duración dun mes. O curso levarase a cabo durante 3 días a semana (martes, mércores e venres), cunha duración de hora e media (de 10.00 a 11.30 h) cada día e está dirixido a persoas cuns coñecementos mínimos de informática.
O prazo para inscribirse é até o día mesmo do comezo do curso.
Asemade, desde o concellos nos informan de que no curso de iniciación á internet para maiores que se está impartindo actualmente nas dependencias da biblioteca do concello, estase a empregar o sistema operativo Ubuntu.
Máis información na páxina do Concello de Rianxo:
http://portelo.rianxo.com/
