O Concello de Teo organiza un curso de edición fotográfico e outro de edición de son, ambos terán lugar no Espazo de Traballo Colaborativo de Solláns e centraranse no uso de ferramentas libres como son GIMP, Darktable e Audacity.
O curso de edición fotográfica impartirase do 10 ao 14 de decembro polas tardes co temario que segue:
- Manexo e axustes de cámara, trípodes e outros elementos fotográficos.
- Iluminación
- GIMP: retoque fotográfico básico.
- Darktable: revelado dixital de fotografía capturada en formato RAW.
O curso de gravación e edición de son terá lugar do 17 ao 21 de decembro en horario de tarde e os contidos do curso son:
- Utilización de equipos de captura de son.
- Edición de son con Audacity.
- Produción de podcast e radio dixital.
- Gravación, edición e publicación dun podcast e emisión dun programa de radio online.
Para máis información sobre os curso e a inscrición aos mesmos pódese visitar a nova sobre o evento na páxina do concello.
