Mancomún

O Consell busca software libre para evitar custos en licencias de Microsoft e Oracle

Mércores, 4 Xaneiro 2017

O goberno valenciano está a buscar desenvolvedores de Software Libre e Pemes valencianas que traballen con novos tipos de aplicacións cun marcado carácter cooperativo para a Administración coa intención limitar a contratación de licencias propietarias a grandes multinacionais como Microsoft ou Oracle.

O plan estratéxico de Facenda prevé aforrar en licencias e aplicacións e contratar tecnoloxía a Pemes valencianas e non a multinacionais fomentando de este xeito á empresa local.

O modelo perseguido pola Generalitat é contar con tecnoloxía local, cooperativo ao mesmo tempo que se trata de aforrar en custos excesivos e mellora o retorno da inversión na mesma sociedade valenciana. Trátase polo tanto de evitar na medida do posible o modelo de grandes contratacións e acadar un modelo de contratacións máis axustado que permitan a incorporación nos concursos de contratación a empresas locais.

Segundo o conselleiro de Facenda Vicent Soler, tratase de paliar o atraso tecnolóxico arrastrado dende hai anos polo rexión valenciana e este plan guiará a estratexia a seguir nese empeño ao longo dos vindeiros catro anos. Para acometer as medidas tratadas no plan contarasé cun presuposto estimado de 560 millóns de euros para inversión.

O plan estratéxico elaborado pola Dirección Xeral de Tecnoloxía da Información e Comunicacións (DGTIC) en colaboración coa Rede de Institutos Tecnolóxicos da Comunidade Valenciana (Redit), en verbas da secretaria autonómica de Facenda Clara Ferrando, presenta a folla de ruta a seguir para fornecer e dinamizar o sector TIC local, promover o cambio de modelo produtivo mediante o uso de tecnoloxías e completar a transformación dixital da rexión.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal